Slide 2
Slide 2 text
Para que serve unha tixola?
A ra Renata era a mellor cociñeira dos pantanos e ao seu selecto
restaurante acudían todas as ras e sapos dos arredores. As súas
" moscas en salsa de bicho picante" ou as súas " aliñas de libélula
con mel de abella" eran delicias que ningunha ra debía deixar
de probar.
Un día, apareceu no seu restaurante Sopón disposto a cear. Sopón
era un sapo grandón e un pouco bruto, que comezou a protestar
en canto viu os pratos de Renata, porque el quería unha boa
hamburguesa de moscardo. Renata acudiu a ver cal era a queixa de
Sopón cos seus pratos, e cando este dixo que todas aquelas cousas eran
" chuchichuminadas" , sentiuse tan furiosa e ofendida, que sen
mediar palabra arreoulle coa tixola.
Tremendo lío se armou! A pesar de que Renata enseguida se decatou
de que debera controlar os seus nervios e non deixaba de pedir
desculpas a Sopón, este estaba tan enfadado, que dicía que só sería
capaz de perdoala se el mesmo lle devolvía o golpe. Todos trataban
de acougalo pero Sopón non entraba en razón. Renata comezou a
facer de todo para que lle perdoase: deulle unha pomada especial
para golpes, serviulle un exquisito licor de auga de charca e mesmo
lle preparou.. unha estupenda hamburguesa de moscardo! Pero
Sopón quería devolver o porrazo como fose para quedar en paz.
Cando estaba a piques de devolverllo apareceu un ancián sapo
https://orecunchodasfadas.blogspot.com./
camiñando con axuda dunhas muletas.
-Espera Sopón-dixo o ancián- poderás darlle cando eu che rompa
a pata. Lembra que eu levo muletas pola túa culpa.
Sopón quedou paralizado. Lembraba ao vello que acababa de
entrar. Era Sapiencio, o seu vello profesor que un día salvárao
duns nenos malos cando era pequeno, e que ao facelo perdeu
unha das súas patas. Lembraba que todo aquilo ocorreu porque
Sopón fora moi desobediente, pero Sapiencio nunca llo lembrara
ata agora... Entón Sopón deuse conta de que estaba a ser moi
inxusto con Renata. Todos, mesmo el, cometemos erros algunha
vez, e devolver golpe por golpe e dano por dano, non facía senón
máis dano . Así que, aínda que lle doía a cabeza e pensaba que
Renata se pasara un pouco ao vela tan arrepentida decidiu
perdoarlle. Entón puideron dedicar o resto do tempo a rirse da
historia e saborear a rica hamburguesa de moscardo.
E decidiron que as tixolas, mellor empregalas para cociñar.
(Adaptación e tradución do conto “El sartezo” de Pedro Pablo Sacristán).
https://orecunchodasfadas.blogspot.com./