mellor cociñeira dos pantanos e ao seu selecto restaurante acudían todas as ras e sapos dos arredores. As súas " moscas en salsa de bicho picante" ou as súas " aliñas de libélula con mel de abella" eran delicias que ningunha ra debía deixar de probar. Un día, apareceu no seu restaurante Sopón disposto a cear. Sopón era un sapo grandón e un pouco bruto, que comezou a protestar en canto viu os pratos de Renata, porque el quería unha boa hamburguesa de moscardo. Renata acudiu a ver cal era a queixa de Sopón cos seus pratos, e cando este dixo que todas aquelas cousas eran " chuchichuminadas" , sentiuse tan furiosa e ofendida, que sen mediar palabra arreoulle coa tixola. Tremendo lío se armou! A pesar de que Renata enseguida se decatou de que debera controlar os seus nervios e non deixaba de pedir desculpas a Sopón, este estaba tan enfadado, que dicía que só sería capaz de perdoala se el mesmo lle devolvía o golpe. Todos trataban de acougalo pero Sopón non entraba en razón. Renata comezou a facer de todo para que lle perdoase: deulle unha pomada especial para golpes, serviulle un exquisito licor de auga de charca e mesmo lle preparou.. unha estupenda hamburguesa de moscardo! Pero Sopón quería devolver o porrazo como fose para quedar en paz. Cando estaba a piques de devolverllo apareceu un ancián sapo https://orecunchodasfadas.blogspot.com./ camiñando con axuda dunhas muletas. -Espera Sopón-dixo o ancián- poderás darlle cando eu che rompa a pata. Lembra que eu levo muletas pola túa culpa. Sopón quedou paralizado. Lembraba ao vello que acababa de entrar. Era Sapiencio, o seu vello profesor que un día salvárao duns nenos malos cando era pequeno, e que ao facelo perdeu unha das súas patas. Lembraba que todo aquilo ocorreu porque Sopón fora moi desobediente, pero Sapiencio nunca llo lembrara ata agora... Entón Sopón deuse conta de que estaba a ser moi inxusto con Renata. Todos, mesmo el, cometemos erros algunha vez, e devolver golpe por golpe e dano por dano, non facía senón máis dano . Así que, aínda que lle doía a cabeza e pensaba que Renata se pasara un pouco ao vela tan arrepentida decidiu perdoarlle. Entón puideron dedicar o resto do tempo a rirse da historia e saborear a rica hamburguesa de moscardo. E decidiron que as tixolas, mellor empregalas para cociñar. (Adaptación e tradución do conto “El sartezo” de Pedro Pablo Sacristán). https://orecunchodasfadas.blogspot.com./