A Intelixencia Artificial reclama atención en todos os eidos das nosas sociedades (educación, traballo, ocio...) como unha realidade inminente e ineludible. Nesta palestra facemos un percorrido histórico desde os inicios da disciplina para comprender as capacidades e limitacións da IA (mais concretamente, da Intelixencia Artificial Xerativa), e recopilamos as evidencias científicas vixentes, para que poidan guiar non só as nosas expectativas senón as nosas decisións, individuais e colectivas.