Ao longo da historia, descubrimentos como o dominio dos metais ou a imprenta mudaron para sempre as formas de vida da humanidade. Hoxe, preséntasenos a Intelixencia Artificial como unha tecnoloxía coa capacidade de dar un novo xiro á nosa historia, transformando a nosa vida cotiá, a nosa economía, e até a natureza da creatividade humana. Nesta palestra explicaremos de xeito sinxelo que é a Intelixencia Artificial e que papel está a xogar xa nas nosas vidas, así como de que xeitos podería modelar o futuro da nosa sociedade. Estaremos ante o próximo gran salto histórico en Occidente?