Cryptpad (https://cryptpad.org) é unha alternativa a plataformas privativas de almacenamento e edición colaborativa de documentos na nube.
En 2022, nunha pequena asociación cultural galega (Semente Corunha) decidimos adoptar Cryptpad como ferramenta. Lamentablemente, meses despois tivemos que recoñecer o noso fracaso.
Esta palestra pretende ilustrar as razóns que levaron ao triste desenlace, desde un punto de vista construtivo, que poida servir de inspiración e aprendizaxe para a comunidade.