Neste traballo, exploramos as posibilidades dalgúns dos grandes modelos de linguaxe (LLMs) máis avanzados do momento en relación á xeración de textos humorísticos, nomeadamente chistes (brincadeiras, piadas). En concreto, empregamos modelos de código aberto de Google (Gemma), Meta (Llama) e MistralAI (Mixtral). Solicitamos este tipo de contido de diferentes maneiras (usando varias estratexias de prompting, como zero-shot ou few-shot) de xeito neutro, con mulleres e homes como temática e público obxectivo, e tamén expresamente feministas, ası́ como en varias linguas (inglés, castelán, galego-portugués).
Na análise das respostas obtidas, rexistramos un amplo rango de comportamentos, desde o rexeitamento da tarefa, até diferentes niveis de axuste ás instrucións da mesma, e comparamos cada modelo consigo mesmo e co resto de modelos.